Crónica do acto polo 50 aniversario da II Declaración da Habana




II Declaración da Habana (Fidel Castro): “En Punta del Este librouse unha grande batalla ideolóxica entre a Revolución Cubana e o imperialismo ianqui ”. Cuba representou aos povos e Estados Unidos aos monopolios; Cuba ás masas explotadas e Estados Unidos aos intereses explotadores; Cuba pola soberanía e Estados Unidos pola intervención; Cuba pola nacionalización das empresas extranxeiras e Estados Unidos polas inversions e pola ignorancia. En síntesis Estados Unidos estivo pola agresión e a guerra, Cuba polo socialismo, a loita e a independencia plena."

Para ler a Declaración completa premer aquí (hai que esperar un pouquiño). Está en português: "Download da PDF

Con notable presenza de camaradas e destacados militantes da esquerda política e internacionalista galega e  numeroso público celebramos o acto unitario polo 50 aniversario da II Declaración da Habana, na localidade de Marín do que xa informamos anteriormente.
O evento foi organizado de xeito conxunto polo PCPG, CN de Marín, a FPG, a FOGA e a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”.
Fixo a intervención inicial o xornalista e compañeiro Xurxo Rodríguez saudando a iniciativa unitaria das organizacións convocantes, apresentando o acto e  os outros dous ponentes, cunha precisa e breve intervención onde contextualizaba e xustificaba por razóns históricas e mesmo de actualidade este evento que se ia realizar en Marín (terra de orixen dos irmaos e herois da Revolución Cubana Frank e Josué Pais), dando paso de seguido ao tamén xornalista e compañeiro Gustavo Luca que realizou unha extensa e detallada reflexión sobre o proceso histórico no que se deu a II Declaración da Habana e a súa relación e influencia con outras causas da libertación dos povos naquel momento histórico, facendo despois unha referencia, na segunda parte da sua reflexión, a certos aspectos que atinxen a temas históricos pouco divulgados ou manipulados/deturpados polos media burgueses do sistema capitalista dalgunhas etapas da construcción socialista, especialmente na URSS e outros procesos revolucionarias e de libertación dos povos.
Pola sua banda o Cónsul Xeral de Cuba en Galiza, Dr. Alejandro Fuentes Hernández  centrou a súa a pormenorizada intervención, seguida con moita atención, nunha primeira parte na que fixo un repaso da historia e do proceso libertador e anti-imperialista de Cuba desde insurxencia independentista contra a corona española e o intervencionismo ianqui até o triunfo da Revolución do M26-J; da orientación socialista deste proceso encabezado por Fidel e sobre todo do importantisimo pronunciamento da II Declaración (4 de febreiro de 1962) aclamado por máis dun millón de asistentes na Praza da Revolución da Habana como resposta ás presións exteriores e á ameaza contra-revolucionaria e criminal de EE.UU contra o povo cubano. Era, en definitiva, a contestación  revolucionaria e rebelde do povo cubano fronte á manobra agresiva do imperialismo ianqui e dos seus aliados lacaios, que no día 31 de xaneiro excluiran a Cuba da Organización de Estados Americanos (OEA) na oitava  “Reunión de Cancilleres” en Punta del Este-Uruguai. 
Unha II Declaración da Habana que se adiantaba ao futuro e ofrecía a grande leizón, exemplo e mensaxe de esperanza libertadora que Cuba estaba dando, mostrando que a Revolución era posibel e sobre todo necesaria. Medio século despois a marcha dos acontecimientos ven a confirmalo.
Concluiu a segunda parte do seu discurso cunha exposición sobre o bloqueo decretado polos USA contra Cuba, que era en realidade contra a VIA SOCIALISTA E SOBERANA CUBANA eque centrou especialmente na sua relación fraternal coa URSS (malia certos desencontros); a chamada “Crise dos misís” de Outubro de 1962 e o proceso histórico máis recente coñecido como “período especial”, sumamente crítico para a economia cubana como consecuencia da caída da Unión Soviética e do sistema socialista do leste de Europa hai 20 anos, que significara nos primeiros momentos a caída do 85 % do seu comercio exterior, consecuencias que chegan até o presente, mais que o povo cubano coa sua resistencia e firmeza revolucionaria vai superando paulatinamente.