PAREMOS A OFENSIVA CAPITALISTA. AVANTE A FOLGA XERAL!


Publicamos mais unha vez o texto do triptico do Foro de Unidade Comunista Galega editado en Decembro pasado contra a ofensiva reaccionaria do gran capital e a prol da Folga Xeral.

 

PAREMOS A OFENSIVA CAPITALISTA. 
FOLGA XERAL!

Vivimos tempos de crise estructural do sistema no que estamos inmersxs, o capitalismo é incapaz de criar unha outra cousa que non sexa pobreza, desigualdade e miséria material e moral. Os poderes económicos e políticos intentando aumentar os seus beneficios e contrarrestar a crise afondan mais na miseria do povo traballador, vemos nos recortes económicos e sociais a aposta do capitalismo para levar isto a termo e tamén vemos como recortan os dereitos democráticos e as liberdades coas suas medidas represivas para dificultar un movemento de protesta que os baixe das suas torres de marfil desde onde dirixen o mundo, lonxe das necesidades e dificultades da humanidade. É pois evidente que o capitalismo está ao servizo dunha minoría privilexiada que vive do traballo dunha maioria explotada que somos xs traballadorxs.
A pesar de que o capitalismo é global e explota en todo recuncho no que se atopa, non o fai igual dependendo das distintas realidades sociais nas que se atope, pois así non vai evolucionar de igual forma na Galiza que en Francia, nos EEUU ou na Andalucia. É por iso que tamén o temos que combater de forma concreta (a análise concreta da situación concreta). Na Galiza sofremos a política de recortes que os poderes económicos internacionais (FMI, UE, Banco Mundial…) impuxeron a través do governo español (reforma da negociación colectiva, laboral, de pensións, recorte no gasto público, suba do IVE, do IRPF, ERE´s, etc), dentro dun marco de loita de clases que está condicionado pola sociedade da que facemos parte, da sociedade galega e da sua coxuntura propia.
É por iso polo que non valen receitas globais que non analisen polo miúdo a realidade galega. Por este motivo temos a necesidade de reclamar a independencia nacional para que o povo traballador galego poida decidir por si propio o seu futuro.
A experiencia histórica demostrounos que só mediante a protesta, a mobilización, a loita e o combate podemos facer frente aos nosos inimigos, á patronal, aos poderes económicos e políticos do capitalismo. Como xa vimos en loitas do proletariado galego como a reconversión do naval ou as folgas do metal, o que se conqueriu fíxose nas ruas. Así pois atopámonos ante a necesidade de reverter a situación de recortes e reformas, de botar atrás a ofensiva do capitalismo e ao mesmo tempo de criar a alternativa a este modelo social inxusto. Temos a necesidade como povo traballador, como clases agredidas polos intereses do capitalismo de mellorar as nosas condicións de vida e de traballo e de prepararnos para destruír este sistema, para construir u n h a s o c i e d a d e x u s t a , equ i t a t i v a e l i b r e , o n d e p r imen os i n t e r e s e s da maioría.
Temos a necesidade de reclamar, de urxir mais umha folga xeral que nos sirva como ponto para reverter esta situación de reformas e de recortes que nos fan cada vez a existencia mais difícil (paro, EREs, represión…) e para construir umha masa crítica a un modelo inimigo da clase obreira e pola construcción do progreso social e a xustiza, pola construcción do socialismo.
Todos os dias estamos vendo como os estados dan cantidades astronómicas de riqueza, recadada mediante impostos que pagamos todxs aos banqueiros e oligarcas que na sombra dirixen estes estados.
Eles son os culpábeis da crise e da depresión económica actual, polo que deben de ser procesados e encarcelados!.
Establecemos ou propoñemos un programa de reivindicacións mínimas:
1- Traballo para todxs com un salario digno.
2- Derogación dos decretazos anti obreiros e do pensionazo.
3- Un salario social para todas as persoas sen traballo.
4- Un programa de vivendas públicas de aluguer social.
5- Fin da represión laboral por empregar a língua galega.
6- Marco galego de relacións laborais.
7- Reducción da xornada laboral.
8- Xubilación aos 60 anos.
9- Que as empresas fechadas, arruinadas ou en suspensión de pagos (lei concursal) pasan a ser controladas pola clase obreira.
10- Fin dos desasaucios das familias obreiras.
11- Fin da represión política á clase obreira, liberdade para os presos políticos e anulación das multas e sancións froito d e m o b i l i z a c i ó n s populares.
Procesamento de banqueiros,patronos e oligarcas, responsábeis da actual crise.
1 2 - E x p r o p i a c i ó n e nacionalización dos bancos e dos oligopólios.
13- Fin da discriminación, e igualdade plena para a muller traballadora.
14- Legalización e igualdade d e d e r e i t o s p a r a o s inmigrantes.
15- Liberdade de: folga, manifestación, expresión e autodeterminación